martes, 3 de diciembre de 2013

Decembro.Cine e Dereitos Humanos

No día 10 de decembro conmemórae o Día dos Dereitos Humanos.

Despois de ter elaborado un mural colaborativo sobre os DDHH, durante a semana do 16 ao 19 de decembro traballaremos sobre estes Dereitos coñecendo cales son e a importancia da súa Declaración Universal para construír un mundo mellor para todas as persoas.


Para elo imos celebrar un ciclo de cine relacionado cos Dereitos Humanos.

As nenas e nenos do 1º Ciclo desfrutarán e aprenderán sobre os Dereitos Humanos con Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar  

Italia, 1998. 75’
Dirección: Enzo d’Alò 






ARGUMENTO: Baseada no libro escrito por Luis Sepúlveda. Unha gaivota envenenada por unha mancha de petróleo confia o seu ovo ao gato Zorbas, obtendo del tres promesas: non comerse o ovo, coidar del ata que se abra e ensinar a voar á  recién nacida. 



TEMAS: Os temas relacionados cos valores que promoven o respecto polos Dereitos Humanos que se poden traballar co visionado desta película son algúns como a amizade, a diversidade, o respecto polo medio ambiente a tolerancia ou a responsabilidade.

2º Ciclo poderá visionar e reflexionar sober a película de animación O BOSQUE ANIMADO, baseada no libro do escritor galego Wenceslao Fernández Flórez

2001, Ángel de la Cruz. 80´




ARGUMENTO:

Todos os días o ocioso señor D'Abondo e o seu fiel criado Rosendo atravesan a fraga de Cecebre. Ás veces, o receloso sirviente non dubida en exclamar: "¡Parece que estivese animado o bosque enteiro!". Así é en realidade xa que, en canto os humanos se afastan, a natureza transfórmase e amósase en todo o seu esplendor, mentres árbores e animais viven en alegre e feliz harmonía.

Con todo a man do home, que todo altérao, traerá ao bosque a desorde e a infelicidade. A colonia de topos empezará a desaparecer, as árbores xa non cantarán as súas cancións que imitan o vento, os gatos rebelaranse contra o home e as moscas adicaranse a incordiar máis do habitual.

A toupa Furacroyos, a gata Morriña, o rato Piorno e a árbore Carballo, entre outros habitantes da fraga, xúntanse para solucionar os problemas e levar de novo a harmonía e a felicidade ao… Bosque Animado!

Para rematar, o 3º ciclo traballará sobre BINTA E A GRANDE IDEA  de Javier Fresser, 2004. 33´



Binta ten sete anos, vive nunha bonita aldea xunto ao río Casamance no sur do Senegal, e vai á escola. Binta admira ao seu pai, un pescador que, preocupado polo progreso da humanidade, está empeñado en levar adiante unha idea xurdida hai tempo.

Este documental forma parte dun conxunto de cinco películas, “En el mundo a cada rato”, que toca cinco temas relacionados directamente coa defensa dos Dereitos Humanos: a educación das nenas, o desenvolvemento sustentable, a loita contra o VIH  e a protección contra a violencia, a explotación ou a discriminación de nenos e nenas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario