lunes, 16 de diciembre de 2013

DECEMBRO. Chega o Nadal!!


Chega o Nadal á escola e moitas actividades se desenvolverán durante esta semana...


O Concurso de postais de Nadal...



Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega participamos nun concurso de postais navideñas. A continuación podedes ver algunhas imaxes...




Decoración...

Nenos e nenas, coa axuda das mestras, decoran a escola para que desfrutemos deste tempo especial...



                                                     







O ciclo de cine sobre Dereitos Humanos.  


Se queres ver máis información pincha AQUÍ.


O Festival de Nadal


O festival de Nadal faranos desfrutar de panxoliñas de nadal pero o que máis nos emocina é que nenas e nenos, da man de Luis, o mestre de música, interpretarán varias cancións de Nadal de de persoas que se adican ou adicaron á música como Jhon Lennon ou grupos como Mecano.

Algunhas cancións das que interpretarán son "Un año más" de Mecano ou "Jingle Bell Rock" de Bobby Helms.

Se queredes ter máis información sobre as cancións e os seus autores, así como ver algún video das cancións que traballaremos, no BLOGUE DA AULA DE MÚSICA atoparás toda a información.

Ademais... Semella que recibiremos a visita dunha persoas cunha barriga moi grande... Tamén ten barba e viste de cor vermella... Alguén a coñece?

martes, 3 de diciembre de 2013

Decembro.Cine e Dereitos Humanos

No día 10 de decembro conmemórae o Día dos Dereitos Humanos.

Despois de ter elaborado un mural colaborativo sobre os DDHH, durante a semana do 16 ao 19 de decembro traballaremos sobre estes Dereitos coñecendo cales son e a importancia da súa Declaración Universal para construír un mundo mellor para todas as persoas.


Para elo imos celebrar un ciclo de cine relacionado cos Dereitos Humanos.

As nenas e nenos do 1º Ciclo desfrutarán e aprenderán sobre os Dereitos Humanos con Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar  

Italia, 1998. 75’
Dirección: Enzo d’Alò 






ARGUMENTO: Baseada no libro escrito por Luis Sepúlveda. Unha gaivota envenenada por unha mancha de petróleo confia o seu ovo ao gato Zorbas, obtendo del tres promesas: non comerse o ovo, coidar del ata que se abra e ensinar a voar á  recién nacida. 



TEMAS: Os temas relacionados cos valores que promoven o respecto polos Dereitos Humanos que se poden traballar co visionado desta película son algúns como a amizade, a diversidade, o respecto polo medio ambiente a tolerancia ou a responsabilidade.

2º Ciclo poderá visionar e reflexionar sober a película de animación O BOSQUE ANIMADO, baseada no libro do escritor galego Wenceslao Fernández Flórez

2001, Ángel de la Cruz. 80´




ARGUMENTO:

Todos os días o ocioso señor D'Abondo e o seu fiel criado Rosendo atravesan a fraga de Cecebre. Ás veces, o receloso sirviente non dubida en exclamar: "¡Parece que estivese animado o bosque enteiro!". Así é en realidade xa que, en canto os humanos se afastan, a natureza transfórmase e amósase en todo o seu esplendor, mentres árbores e animais viven en alegre e feliz harmonía.

Con todo a man do home, que todo altérao, traerá ao bosque a desorde e a infelicidade. A colonia de topos empezará a desaparecer, as árbores xa non cantarán as súas cancións que imitan o vento, os gatos rebelaranse contra o home e as moscas adicaranse a incordiar máis do habitual.

A toupa Furacroyos, a gata Morriña, o rato Piorno e a árbore Carballo, entre outros habitantes da fraga, xúntanse para solucionar os problemas e levar de novo a harmonía e a felicidade ao… Bosque Animado!

Para rematar, o 3º ciclo traballará sobre BINTA E A GRANDE IDEA  de Javier Fresser, 2004. 33´



Binta ten sete anos, vive nunha bonita aldea xunto ao río Casamance no sur do Senegal, e vai á escola. Binta admira ao seu pai, un pescador que, preocupado polo progreso da humanidade, está empeñado en levar adiante unha idea xurdida hai tempo.

Este documental forma parte dun conxunto de cinco películas, “En el mundo a cada rato”, que toca cinco temas relacionados directamente coa defensa dos Dereitos Humanos: a educación das nenas, o desenvolvemento sustentable, a loita contra o VIH  e a protección contra a violencia, a explotación ou a discriminación de nenos e nenas.



25 N. Día Internacional contra a violencia machista.


O pasado luns día 25 de Novembro conmemoramos na escola o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Tres foron os obradoiros impartidos pola asociación NERIA arredor desta temática.
Mediante dinámicas participativas nas que nenos e nenas ían reflexionando sobre as diferentes situacións de violencia que se xeneran ao seu arredor, conseguimos visibilizar este grande problema social que dende a escola queremos traballar para ser quen de aportar solucións.

Entre outras actividades a proposta de elaboración dun Decálogo contra a violencia de xénero tivo grande incidencia no curso de 6º. Da man de Mª Carmen, a súa titora, e na área de Educación para a Cidadanía, animáronse a elaborar o seguinte Decálogo do alumnado de 6º contra a violencia de xénero:


viernes, 29 de noviembre de 2013

O outono na escola

O OUTONO NA PONTE DE PORTO


Manuel Pose Carracedo, o pai de Nuria, alumna de 6º, visitounos o mércores día 13 de novembro para falarnos do outono e, especialmente, dos cogomelos.

Pan de Raposo é o nome da asociación micolóxica de Cee da que Manuel forma parte. Esta asociación traballa na difusión e investigación de todo aquelo que teña relación cos cogomelos. Charlas, saídas ou xornadas de traballo son algunhas das actividades que desenvolven.

Manuel contounos cousas tan interesantes como que os cogomelos manteñen o equilibrio no ecosistema, que viven en simbiose con diferentes árbores ou que existen criadeiros de champiñóns, aínda que o 95% das diferentes especies non posibilitan o seu cultivo.

Explicounos a clasificación que empregan para distinguilos; comestibles, non comestibles ou tóxicos.

As nenas e nenos amosáronse moi interesadas e fixéronlle moitas preguntas. Algunhas delas relacionadas, por exemplo, con como podemos saber que cogomelos son comestibles e cales non. A resposta de Manuel foi que para coñecelos ben, a observación e o estudo son fundamentais.

Acompañou a explicación coa mostra de máis de 20 especies diferentes recollidas nos montes de Camelle e Xaviña na mesma mañá, antes de vir á escola. Seta coliflor, peido de lobo, corno de cervo ou fígado de boi, son algúns dos nomes comúns destes cogomelos.





Manuel recordounos que na nosa comarca temos moitísimas especies de cogomelos que precisan da protección e o coidado dos nosos montes para a súa supervivencia.

Aquí podes ver as fotos do día!




CHEGOU O MAGOSTO!

Na escola celebramos o magosto. Recollemos lendas, contos, tradicións, refrans ou cantigas das mans das  familias que nos axudaron a entender o porque desta festa e ampliamos a nosa biblioteca co libro do outono.




Coma noutros anos, os xogos populares foron os protagonistas na primeira parte da tarde: tiro de corda, o pano, o peón, ou a a comba fixeron que todas e todos gozáramos cos xogos de sempre.

As nenas e nenos de 5º foron responsables da organización das actividades onde podemos coñecer refráns que nos dan algunha pista…


Jesús, o pai de Carlota, contoulle que as castañas no Nadal, saben ben e pártense mal. Margarita, a avoa de Fátima, fíxonos pensar: alto estou, barbas teño, se boto unha risa, perdo o que teño:quen son?  Ou o consello do pai de Pablo Nión: as castañas que depois do San Martiño, quedan no souto, do moucho son.






Deixámosvos algunha das fotos do día.


EN EDUCACIÓN FÍSICA, XOGAMOS Á BILLARDA.

Da man e Alejandoro, tío de Elena de 5º, aprendemos a xogar á billarda ou estornela. A billarda que el nos trouxo para xogar é unha das que se atopan no museo etnográfico da Ponte do Porto que, segundo nos contou, foi unha iniciativa creada a partires da organización dun grupo de veciñas e veciños ante a necesidade que ollaron de recuperar a tradición do noso concello.

Falounos tamén doutros xogos como o churro, o tirable, o fútbol empregando a vexiga do porco e outros moitos. Unha das cousas que máis nos chamou a atención foi que o espazo de xogo era a estrada. Por que? Porque non había tantos coches como agora transitando polas nosas estradas e as nenas e nenos tiñan un espazo libre onde xogar. Simplemente cando, moi de cando en vez, pasaba un coche, un neno ou nena berraba: "COCHEEEEE!!!". Todas e todos se apartaban, pasaba o coche e a rapazada recuperaba o espazo de xogo.

Aquí algunhas imaxes que amosan como as nenas e nenos de 3º ciclo practicaron o xogo da billarda.